AulaFutura formámolo 5 xóvenes, que a piques de rematar a nosa formación universitaria, comezamos a dilucidar un futuro profesional, cando menos, complicado. A xa de por si, difícil situación do emprego xuvenil, se une a actual situación “empresarial” provocada polo Covid (EREs, despidos, desemprego...), que dificultarán aínda máis o noso futuro profesional.
A pandemia tamén provocou un cambio importante nos usos e costumes da poboación. Un dos máis destacados foi a aceleración da dixitalización en todos os ámbitos, entre os que destaca a educación.
Con este marco, e co soporte da Iniciativa Xove, propuxémonos somerxernos na área dixital, unindo os nosos coñecementos e adquirindo novas habilidades dixitais que melloren as nosas posibilidades de inserción profesional a nivel xeral, e de xeito particular no sector da formación e educación.
Proxecto EVER
Ever centra a súa acción principal na creación dunha canle en Youtube, en galego, dirixido tanto aos xóvenes como aos formadores dos niveis de primaria e secundaria. O contido desta canle versará sobre prácticas titorizadas principalmente de física e química, na que os xóvenes poidan adentrarse no mundo da ciencia, e os profesores obter material fácil de usar tanto de xeito presencial como virtual. Esta canle será complementada cunha web, na que poder consultar as unidades didácticas asociadas a cada práctica, e servir como canle de comunicación cos propios usuarios.
O éxito, en canto a repercusión e visitas desta iniciativa, permitiranos experimentar as posibilidades “profesionais” de emprender no actual mundo virtual: analizar as posibilidades reais de xeración de ingresos vía YouTube, publicidade na web, etc. E por outra banda, abriranos unha ventá ao mundo, no que dar a coñecer o noso traballo, experiencia, aptitudes e coñecementos que nos permita mellorar significativamente as nosa empregabilidade actual e futura.
Fases do proxecto:
Deseño:
A primeira parte do proxecto pasa por deseñar e definir os contidos finais do canal de YouTube. Isto implica a selección daqueles experimentos idóneos para a súa realización, analizar e conseguir os materiais e ferramentas que imos precisar, elaborar a unidade didáctica de cada un deles e crear un guión para a elaboración dos vídeos.
Estudo gravación:
Creados os guións de traballo, o seguinte paso será a montaxe dun pequeno estudio de gravación así como a testase da calidade acadada na gravación dos vídeos.
Montaxe:
A terceira fase do proxecto pasa pola elaboración dos vídeos, a súa montaxe e adaptación para YouTube. Nesta fase debemos desenvolver todos os recursos relativos a “imaxe” do canal e web (nome, logotipo, carátulas para os vídeos, etc).
Publicación e Difusión:
Como último paso, crearemos a web do proxecto con toda a información e recursos realizados, así como o canal en YouTube. Ademais do canal de YouTube e páxina web, crearemos perfís do proxecto nas distintas redes sociais (Instagram, Youtube, Twitter) como medio de publicitar o proxecto e canal de comunicación.
Realizaremos unha pequena campaña de “publicidade online” tanto en Facebook como en Google. Isto ademais de permitirnos aumentar as visitas a nosa web e canal, será unha oportunidade para aprender e experimentar o funcionamento e potencialidade da publicidade online.






